Buscar este blog

sábado, 16 de diciembre de 2023

Pasiño a Pasiño "O Noso Belén"

 Estimadas familias e alumnado:

 Este é o resultado da vosa ilusión, esforzo, traballo ...  e moitas ganas de que chegue o Nadal!!!👪


 💓 O alumnado de primaria pon as mensaxes dentro da casiña que elixen "do Pobo de Belén" e gozan do calendario de Advento cheo de pequenas figuras de  chocolate !!!😋

 

Aproveito para felicitar virtualmente estas Festas.🎄🎄🎄





sábado, 18 de diciembre de 2021

FELICITACIÓN NADAL

 Estimadas familias e alumnado:

  Podedes ver  dous vídeos do Proxecto: "O Noso Belén".

     




Alumnado de 1º cantan a cappella (sen música os instrumentos son a súa voz)



Desde a aula de relixión quero desexarvos
 Felices Festas!
 Envíovos unha postal virtual de Nadal .









domingo, 21 de noviembre de 2021

UN MUNDO NAS TÚAS MANS

 

 ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA : POLA EDUCACIÓN

O luns, 15 de novembro o alumnado de 5º e 6º de primaria, na aula da biblioteca, participa nun  taller da ONG Entreculturas.

Obxectivo desta actividade :

Valorar  a vida sen educación faise insostenible.

Moitos nenos e nenas siguen afectados polo peche das aulas debido a brecha tecnolóxica no seu país.

Decatarse que vivimos nun mundo que ten que mellorar.

José Luis Barreiro Areses, periodista e delegado de redes solidarias da mocidade en diferentes provincias  de Galicia e Asturias.

Motiva a noso alumnado dando a coñecer o significado dos ODS 


Os obxectivos de desenvolvemento sustentable foron creados pola ONU para abordar os grandes retos globais. Un total de 193 países apostan polo compromiso dun desenvolvemento que busca responder as necesidades globais actuais concretado nunha axenda de 17 obxectivos que deberían cumprirse para o ano 2030. 

Podedes ver que lugar ocupa unha educación de calidade

DIFERENTES VÍDEOS

Camiño á escola: catro nenos mostran as dificultades que atopan cada día para poder asistir ó colexio.


https://www.youtube.com/watch?v=8OHV5zpVpZ0

TALLER EN GRAN GRUPO : Reflexión da importancia da ensinanza na escola

Anotan nunha folla que aprenderon no colexio: Tiñan que subliñar con diferentes cores, cales aprenderon sós , cales cos amigos. e cales no colexio.

Que crees que pasou? Sí, acertaches!  A maior parte aprendéronas na escola

 

Clica no seguinte video para ver un resumo do taller entreculturas.



Grazas por impulsar xuntos esta corrente de educación transformadora para construir un mundo mellor.

CONTAMOS CONTIGO!


martes, 9 de noviembre de 2021

O NOSO BELEN

 Estimadas familias e alumnado:

De novo con vós para compartir outra nova actividade para o Nadal.

Como ben sabedes, o noso colexio, este curso ten como un dos proxectos de centro "Reciclando no cole"

A través de pequenos xestos para mellorar o futuro do noso planeta é polo que queremos poñer en marcha, na aula de Relixión, " O Noso Belén" feito con materiais de refugallo( Tapóns, envases, tea, la, rolos de papel hixiénico, caixas ...

Polo que precisamos da vosa colaboración xunto cos vosos fillos e fillas, para facer  na casa, unha figura ou elemento que deixarán na aula de relixión, co fin de poder montar o Belén.

Estos son os requisitos:

  • Cada neno ou nena elixe a figura ou elemento que quere facer para non se repetir.
  • Empregarase material de refugallo.
  • Si elixe figura(Neno Xesús, Virxen María, San xosé, pastor, pastora, Reis Magos...) a altura máxima é de 8cm.
  • O elemento (Establo, casas animais...) ten que ir en proporción á  altura da figura.
  • A data de entrega antes do día 30 de novembro.
  • Todos deben participar para que o noso Belén  estea completo.

  Grazas pola vosa colaboración👪!!!


sábado, 6 de noviembre de 2021

RETOS DE RELITEGRA: CURSO 2021-2022

                       BENVIDOS E BENVIDAS

Estimadas familias e alumnado:

Comezamos novo curso e con el retomamos o noso blogue RELITEGRA💟

Este novo ano escolar comeza con moitas novidades, entre elas : Os retos por celebracións

Seguro que queredes participar? Si verdade? Moi atentos e atentas, deixo unha breve explicación:

  • Os retos comezan en novembro e rematan en maio
  • Publicarase  retos por celebracións relixiosas
  • Meditade ben a resposta, consultade na casa coas vosas familias e cando a teñades segura...
  • Podedes depositala no sobre de retos que teredes na aula de relixión.



  • Moito ollo 👀 Debedes deixar a vosa resposta no sobre de retos antes do día do mes que o solicite. Ademais da resposta, non esquecedes por o voso nome, apelidos e curso.
  • Nun listado que teredes na aula de relixión aparecerá o alumnado que participe e os seus acertos.

Todos os que participen e acerten teran unha sorpresa🎁 relacionada coa celebración correspondente.

Preparados e preparadas!!!

Le con atención as seguintes adiviñas de Nadal

Tic Tac, Tic Tac... O tempo empeza a correr. Antes do 23 de novembro no sobre da aula de relixión a resposta debes poñer


 RETO Nº1: NADAL










jueves, 24 de junio de 2021

Proxectos de 4º e 6º

 

Este curso 2020 - 2021 termina con dous proxectos de final de etapa para 4º e 6º de primaria.

O alumnado de 4º co correo escolar.

Momentos de interese, entusiasmo e curiosidade  por saber máis de seus amigos do CEIP Mosteiro Bembrive, onde a mestra de relixión itinera e fai de carteira.

Entrega do último sobre con agasallos para o alumnado de relixión dos dous colexios.

Unha maneira de comunicarse en galego, en papel e escrito a man e por suposto ben redactado.

 Facendo os sobres co selo personalizado onde a creatividade ten a súa función.

Expresando nos seus escritos os valores de cada un.

A continuación podes ver os videos.







O alumnado de 6º chega ao final da súa etapa e comenza unha nova.

 U n camiño por recorrer, Unha mochila por llenar.

Con este proxecto sobre o Camiño de Santiago, foron descubrindo: lendas, orixen do camiño , seu significado, rutas, albergues  información, costumes, diferentes etapas ...e como gañar a Compostela.

Por suposto que o seu esforzo  e entusiasmo no proxecto tivo o seu premio.

Podes ver a foto da compostela e os seguintes videos


















Moitísima sorte!!!

Boitareivos de menos.


sábado, 6 de febrero de 2021

Códice Calixto e Rutas para facer o Camiño de Santiago

Estas dúas páxinas son para consultar e facer as cuestións que tendes que traballar o alumnado de 6º.

A primeira mostra o necesario para ter un coñecemento do que  representa o Códice Calixto.

 A segunda páxina axuda a ver as rutas máis interesantes do Camiño , os kilómetros e etapas.


Para ver a  información sobre o Códice Calixto preme na imaxe do libro.


Para ver a  información sobre as rutas do Camiño de Santiago preme na imaxe do mapa.