Buscar este blog

lunes, 7 de diciembre de 2020

Calendario de Advento

 



Seguro que estades a esperar con ilusión que chegue o NADAL, para celebrar coa vosa familia, o 25 de decembro , o Nacemento do Neno Xesús.

O tempo de Advento dura 4 semanas, é un tempo para vivir con esperanza, ilusión e mellorar a nosa forma de actuar (propósitos que estades a cumplir e que temos no calendario de advento  na aula de Relixión) 

Cada domingo acéndese unha candea nas igrexas e tamen na nosa casa.

O tempo de Advento caracterízase pola cor morada, o sacerdote leva a casulla desa cor.

Este calendario que tendes a continuación conten unha imaxen e unha canción famosa de Nadal diferente.

Tendes que abrir os días que levamos de mes:1 ao 10. Cada día descubriremos unha canción nova.



Preme aquí para ver o Calendario