Buscar este blog

jueves, 18 de junio de 2026

SEMPRE NO MEU CORAZÓN

      Estimadas familias e alumnado: chegou o momento de dicir adeus.

É unha verdadeira fonte de orgullo e satisfacción ser a "profe de reli" das vosas fillas e vosos fillos; Marcho con recordos e lembranzas marabillosas que premanecerán para sempre no meu corazón.

Grazas por confiar en min para deixar unha pequena pegada que vos axudará a ser mellores persoas.

Apertas e que gocedes das vacacións de verán!

Profe de Reli

Berta

lunes, 8 de junio de 2026

PROXECTO: "VIAXAMOS CARA A UN MUNDO MELLOR"

  Presentación do alumnado de 4º de relixión, do mural realizado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria. Atópase na corredoira do terceiro piso: con curiosidades, lendas e a arte da nosa catedral de Santiago de Compostela.

Un traballo feito con moita curiosidade e motivación por parte dos nenos / nenas  e con moita ilusión por miña parte.

O coñecemento da nosa arte é un valor único, imprescindible que nos ensina quenes somos, de donde vimos e a donde nos diriximos,

Esperamos que vos guste!













domingo, 8 de febrero de 2026

Saída cine social Salesianos 2026

       Saída dos cursos 4º e 5º de primaria ó cine social Salesianos o día 2 de febreiro, para ver a palícula; "Kayara , la guerrera  del imperio inca".

Kayara é unha moza inca que soña en converterse na primeira "chasqui", os mensaxeiros oficias do imperio, un papel reservado só para homes.

A pesar das normas sociais que o impiden será máis valente, máis rápida e máis forte para demostrar que a súa capacidade non depende do seu xénero.

A continuación podes ver o vídeo desta saída




jueves, 18 de diciembre de 2025

VIAXAMOS CARA A BELÉN

 NADAL 2025


VIAXAMOS CARA A BELÉN Para coñecer o país de Xesús.

O alumnado de relixión descubrelos diferentes lugares de Palestina onde a pegada de XESÚS segue forte a pesar do tempo transcorrido e da dificil situacion do país na actualidade.

O maior desexo dos nenos e nenas é a  PAZ para todos os pobos do mundo, co Nadal lembramos o sentido do por qué nace Xesús.  

PODEDES VER O VIDEO COS TRABALLOS FEITOS EN CADA CICLO



sábado, 21 de diciembre de 2024

PROXECTO CORES NO NADAL 2024

 A continuación presento o video deste traballo.

Grazas a vosa colaboración, mostrando un pequeno recuncho dos vosos fagares, podemos ver a maxia do Nadal.

FELICES FESTAS!!!



jueves, 28 de noviembre de 2024

ARTE NO NADAL 2024

Queridas familias e alumnado:

 Xa está preto o Nadal e as rúas, as tendas, as túas casas están decoradas con elementos de Nadal.

Necesitamos a túa colaboración dun xeito sinxelo. 

No corredor do terceiro piso os nenos e nenas de relixión, preparan a decoración.

Tendes que facer unha foto da túa decoracion na casa (Nacemento ou árbore de Nadal ou elemento decorativo sempre relacionado co Nadal).

As pautas a seguir son as seguintes:

  1. Facer unha foto a familia co elemento.
  2. Tamaño cuartilla 16 X 22 pode ser en vertical ou horizontal 
  3.  Deixarao na clase o teu fillo ou filla; no caso dos irmáns, será o irmán maior quen se encargue de levar a foto.
  4. Podes facer un marco de 3 cm máximo, SEN BASE, decorándoo con motivos do Nadal. (é opcional).
  5. A  data de entrega dende o 2  de decembro ata o 10 de decembro
Disfrutade destes momentos marabillosos con vosas fillas/os. FELIZ ADVENTO!!🙏

lunes, 18 de marzo de 2024

FELIZ PASCUA!

Estimadas familias e alumnado👪:

Este 2º trimestre celebramos a Pascua a través de diferentes retos. Gozaron e traballaron con entusiasmo para esta celebración tan alegre dedicada aos nenos/as. 

 Todas/os levan agasallos🎉🎉 relacionados con esta Festa.

A Pascua ten mensaxes relevantes dentro do Calendario Litúrxico da Igrexa  que nos dirixe a Pentecostés e Corpus Christi ; esta última enfocada  aos rapaces e rapazas que se  preparan para a primeira comunión.

A continuación podedes ver un vidio cos traballos do alumnado.