Buscar este blog

martes, 9 de noviembre de 2021

O NOSO BELEN

 Estimadas familias e alumnado:

De novo con vós para compartir outra nova actividade para o Nadal.

Como ben sabedes, o noso colexio, este curso ten como un dos proxectos de centro "Reciclando no cole"

A través de pequenos xestos para mellorar o futuro do noso planeta é polo que queremos poñer en marcha, na aula de Relixión, " O Noso Belén" feito con materiais de refugallo( Tapóns, envases, tea, la, rolos de papel hixiénico, caixas ...

Polo que precisamos da vosa colaboración xunto cos vosos fillos e fillas, para facer  na casa, unha figura ou elemento que deixarán na aula de relixión, co fin de poder montar o Belén.

Estos son os requisitos:

  • Cada neno ou nena elixe a figura ou elemento que quere facer para non se repetir.
  • Empregarase material de refugallo.
  • Si elixe figura(Neno Xesús, Virxen María, San xosé, pastor, pastora, Reis Magos...) a altura máxima é de 8cm.
  • O elemento (Establo, casas animais...) ten que ir en proporción á  altura da figura.
  • A data de entrega antes do día 30 de novembro.
  • Todos deben participar para que o noso Belén  estea completo.

  Grazas pola vosa colaboración👪!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario