Este curso 2020 - 2021 termina con dous proxectos de final de etapa para 4º e 6º de primaria.
O alumnado de 4º co correo escolar.
Momentos de interese, entusiasmo e curiosidade por saber máis de seus amigos do CEIP Mosteiro Bembrive, onde a mestra de relixión itinera e fai de carteira.
Entrega do último sobre con agasallos para o alumnado de relixión dos dous colexios.
Unha maneira de comunicarse en galego, en papel e escrito a man e por suposto ben redactado.
Facendo os sobres co selo personalizado onde a creatividade ten a súa función.
Expresando nos seus escritos os valores de cada un.
A continuación podes ver os videos.
O alumnado de 6º chega ao final da súa etapa e comenza unha nova.
U n camiño por recorrer, Unha mochila por llenar.
Con este proxecto sobre o Camiño de Santiago, foron descubrindo: lendas, orixen do camiño , seu significado, rutas, albergues información, costumes, diferentes etapas ...e como gañar a Compostela.
Por suposto que o seu esforzo e entusiasmo no proxecto tivo o seu premio.
Podes ver a foto da compostela e os seguintes videos
Moitísima sorte!!!
Boitareivos de menos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario