Estimadas familias e alumnado:
Este é o resultado da vosa ilusión, esforzo, traballo ... e moitas ganas de que chegue o Nadal!!!👪
Estimadas familias e alumnado:
Este é o resultado da vosa ilusión, esforzo, traballo ... e moitas ganas de que chegue o Nadal!!!👪
ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA : POLA EDUCACIÓN
O luns, 15 de novembro o alumnado de 5º e 6º de primaria, na aula da biblioteca, participa nun taller da ONG Entreculturas.
Obxectivo desta actividade :
Valorar a vida sen educación faise
insostenible.
Moitos nenos e nenas siguen afectados polo peche das aulas debido a brecha
tecnolóxica no seu país.
Decatarse que vivimos nun mundo que ten que mellorar.
José Luis Barreiro Areses, periodista e delegado de redes solidarias da mocidade en
diferentes provincias de Galicia e Asturias.
Motiva a noso alumnado dando a coñecer o significado dos ODS
Os obxectivos de
desenvolvemento sustentable foron creados pola ONU para abordar os grandes
retos globais. Un total de 193 países apostan polo compromiso dun
desenvolvemento que busca responder as necesidades globais actuais concretado
nunha axenda de 17 obxectivos que deberían cumprirse para o ano 2030.
Podedes ver que lugar
ocupa unha educación de calidade
DIFERENTES VÍDEOS
Camiño á escola: catro nenos mostran as dificultades que atopan cada día para poder asistir ó colexio.
https://www.youtube.com/watch?v=8OHV5zpVpZ0
TALLER EN GRAN GRUPO : Reflexión da importancia da ensinanza na escola
Anotan nunha folla que aprenderon no colexio: Tiñan que
subliñar con diferentes cores, cales aprenderon sós , cales cos amigos. e cales
no colexio.
Que crees que pasou? Sí, acertaches! A maior parte aprendéronas na escola
Clica no seguinte video para ver un resumo do taller entreculturas.
Grazas por impulsar xuntos esta corrente de educación transformadora para
construir un mundo mellor.
CONTAMOS CONTIGO!
Estimadas familias e alumnado:
De novo con vós para compartir outra nova actividade para o Nadal.
Como ben sabedes, o noso colexio, este curso ten como un dos proxectos de centro "Reciclando no cole"
A través de pequenos xestos para mellorar o futuro do noso planeta é polo que queremos poñer en marcha, na aula de Relixión, " O Noso Belén" feito con materiais de refugallo( Tapóns, envases, tea, la, rolos de papel hixiénico, caixas ...
Polo que precisamos da vosa colaboración xunto cos vosos fillos e fillas, para facer na casa, unha figura ou elemento que deixarán na aula de relixión, co fin de poder montar o Belén.
Estos son os requisitos:
Grazas pola vosa colaboración👪!!!
Estimadas familias e alumnado:
Comezamos novo curso e con el retomamos o noso blogue RELITEGRA💟
Este novo ano escolar comeza con moitas novidades, entre elas : Os retos por celebracións
Seguro que queredes participar? Si verdade? Moi atentos e atentas, deixo unha breve explicación:
Todos os que participen e acerten teran unha sorpresa🎁 relacionada coa celebración correspondente.
Preparados e preparadas!!!
Le con atención as seguintes adiviñas de Nadal
Tic Tac, Tic Tac... O tempo empeza a correr. Antes do 23 de novembro no sobre da aula de relixión a resposta debes poñer
RETO Nº1: NADAL
Este curso 2020 - 2021 termina con dous proxectos de final de etapa para 4º e 6º de primaria.
O alumnado de 4º co correo escolar.
Momentos de interese, entusiasmo e curiosidade por saber máis de seus amigos do CEIP Mosteiro Bembrive, onde a mestra de relixión itinera e fai de carteira.
Entrega do último sobre con agasallos para o alumnado de relixión dos dous colexios.
Unha maneira de comunicarse en galego, en papel e escrito a man e por suposto ben redactado.
Facendo os sobres co selo personalizado onde a creatividade ten a súa función.
Expresando nos seus escritos os valores de cada un.
A continuación podes ver os videos.
O alumnado de 6º chega ao final da súa etapa e comenza unha nova.
U n camiño por recorrer, Unha mochila por llenar.
Con este proxecto sobre o Camiño de Santiago, foron descubrindo: lendas, orixen do camiño , seu significado, rutas, albergues información, costumes, diferentes etapas ...e como gañar a Compostela.
Por suposto que o seu esforzo e entusiasmo no proxecto tivo o seu premio.
Podes ver a foto da compostela e os seguintes videos
Moitísima sorte!!!
Boitareivos de menos.
Estas dúas páxinas son para consultar e facer as cuestións que tendes que traballar o alumnado de 6º.
A primeira mostra o necesario para ter un coñecemento do que representa o Códice Calixto.
A segunda páxina axuda a ver as rutas máis interesantes do Camiño , os kilómetros e etapas.
Para ver a información sobre o Códice Calixto preme na imaxe do libro.