Estimadas familias e alumnado: chegou o momento de dicir adeus.
É unha verdadeira fonte de orgullo e satisfacción ser a "profe de reli" das vosas fillas e vosos fillos; Marcho con recordos e lembranzas marabillosas que premanecerán para sempre no meu corazón.
Grazas por confiar en min para deixar unha pequena pegada que vos axudará a ser mellores persoas.
Presentación do alumnado de 4º de relixión, do mural realizado polo alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria. Atópase na corredoira do terceiro piso: con curiosidades, lendas e a arte da nosa catedral de Santiago de Compostela.
Un traballo feito con moita curiosidade e motivación por parte dos nenos / nenas e con moita ilusión por miña parte.
O coñecemento da nosa arte é un valor único, imprescindible que nos ensina quenes somos, de donde vimos e a donde nos diriximos,
VIAXAMOS CARA A BELÉN Para coñecer o país de Xesús.
O alumnado de relixión
descubrelos diferentes lugares de Palestina onde a pegada de XESÚS segue forte
a pesar do tempo transcorrido e da dificil situacion do país na actualidade.
O maior desexo dos nenos e nenas é a
PAZ para todos os pobos do mundo, co Nadal lembramos o sentido do por qué nace
Xesús.
PODEDES VER O VIDEO COS TRABALLOS FEITOS
EN CADA CICLO
Este 2º trimestre celebramos a Pascua a través de diferentes retos. Gozaron e traballaron con entusiasmo para esta celebración tan alegre dedicada aos nenos/as.
Todas/os levan agasallos🎉🎉 relacionados con esta Festa.
A Pascua ten mensaxes relevantes dentro do Calendario Litúrxico da Igrexa que nos dirixe a Pentecostés e Corpus Christi ; esta última enfocada aos rapaces e rapazas que se preparan para a primeira comunión.
A continuación podedes ver un vidio cos traballos do alumnado.
O día 23 de xaneiro volve a estar connosco, Xosé Luis, periodista que traballa coa ONS "Entreculturas"; nun taller sobre as Migracións e a Paz, para os cursos de 4º, 5ºe 6º organizado polo departamento de Relixión.
Mediante videos levou ó alumnado nunha viaxe a traves de diferentes paises, para comprender mellor as situacions vividas polos nenos e nenas que fuxan das guerras e outras situacións.
Rapazas como MIREILLE DE RUANDA , JOSEFINA DE GUATEMALA...que loitaron por ter un futuro mellor onde a educación e imprescindible para lograrlo; a través de ONG dedicadas a axudarlles.
Abraiadas/os cun "Experimento Social", imáxenes para comprender que non hai fronteiras o importante é dialogar, coñecerse e poñerse "NOS SEUS ZAPATOS" que quere dicir poñerse no lugar doutro/a.
Imos ver algunhas fotos deste taller
Grazas Xosé Luis.
SAÍDA Ó CINE SALESIANOS
O día 6 de febreiro o alumnado de 4º, 5º e 6º van ó cine social Salesianos para ver BRAVE (Indomable)
Pelicula animada que consiguió 6 premios no ano 2012
Merida a indócil, filla do rei Fergus e da raiña Elionor debe afrontar grandes retos para chegar a comprender que é a autentica valentía, a importancia de tomar as propias decisións sen romper o vínculo ca une a súa familia.
NESTA PELICULA DE FICCIÓN PRESÉNTANSE SITUACIÓNS QUE PODERIAMOS VIVIR HOXE E APRENDER DELAS.
Viaxamos ata un pobo chamado BELÉN; o reporteiro Pablo entrevista ós personaxes máis relevantes "Do Noso Belén"
De seguro vos preguntaredes quen é Pablo
Pablo foi o apostolo máis viaxeiro que levou o cristianismo a moitos lugares da terra, a traves de viaxes polo mar e epistolas (cartas) que podedes ler nun libro chamado Biblia.
Escoitade e entenderedes mellor o verdadeiro significado do NADAL.
BOA VIAXE!!!
As voces:
Reporteiro Pablo :Diedo Davila
María: Paula González
Xosé: Ezequiel Costas
Rei Melchor: Leila Martínez
Pastora: Noa Carmona
Como coordinador da gravación destacar o bo traballo de Diego Davila de 6º
Este é o resultado da vosa ilusión, esforzo, traballo ... e moitas ganas de que chegue o Nadal!!!👪
💓 O alumnado de primaria pon as mensaxes dentro da casiña que elixen "do Pobo de Belén" e gozan do calendario de Advento cheo de pequenas figuras de chocolate !!!😋
Aproveito para felicitar virtualmente estas Festas.🎄🎄🎄
O luns, 15 de novembro o alumnado de 5º e 6º de primaria, na aula da biblioteca, participa nun taller da ONG Entreculturas.
Obxectivo desta actividade :
Valorar a vida sen educación faise
insostenible.
Moitos nenos e nenas siguen afectados polo peche das aulas debido a brecha
tecnolóxica no seu país.
Decatarse que vivimos nun mundo que ten que mellorar.
José Luis Barreiro Areses, periodista e delegado de redes solidarias da mocidade en
diferentes provincias de Galicia e Asturias.
Motiva a noso alumnado dando a coñecer o significado dos ODS
Os obxectivos de
desenvolvemento sustentable foron creados pola ONU para abordar os grandes
retos globais. Un total de 193 países apostan polo compromiso dun
desenvolvemento que busca responder as necesidades globais actuais concretado
nunha axenda de 17 obxectivos que deberían cumprirse para o ano 2030.
Podedes ver que lugar
ocupa unha educación de calidade
DIFERENTES VÍDEOS
Camiño á escola: catro nenos mostran as dificultades que atopan cada día para poder
asistir ó colexio.
https://www.youtube.com/watch?v=8OHV5zpVpZ0
TALLER EN GRAN GRUPO : Reflexión da importancia da ensinanza na escola
Anotan nunha folla que aprenderon no colexio: Tiñan que
subliñar con diferentes cores, cales aprenderon sós , cales cos amigos. e cales
no colexio.
Que crees que pasou? Sí, acertaches! A maior parte aprendéronas na
escola
Clica no seguinte video para ver un resumo do taller entreculturas.
Grazas por impulsar xuntos esta corrente de educación transformadora para
construir un mundo mellor.
De novo con vós para compartir outra nova actividade para o Nadal.
Como ben sabedes, o noso colexio, este curso ten como un dos proxectos de centro "Reciclando no cole"
A través de pequenos xestos para mellorar o futuro do noso planeta é polo que queremos poñer en marcha, na aula de Relixión, " O Noso Belén" feito con materiais de refugallo( Tapóns, envases, tea, la, rolos de papel hixiénico, caixas ...
Polo que precisamos da vosa colaboración xunto cos vosos fillos e fillas, para facer na casa, unha figura ou elemento que deixarán na aula de relixión, co fin de poder montar o Belén.
Estos son os requisitos:
Cada neno ou nena elixe a figura ou elemento que quere facer para non se repetir.
Empregarase material de refugallo.
Si elixe figura(Neno Xesús, Virxen María, San xosé, pastor, pastora, Reis Magos...) a altura máxima é de 8cm.
O elemento (Establo, casas animais...) ten que ir en proporción á altura da figura.
A data de entrega antes do día 30 de novembro.
Todos deben participar para que o noso Belén estea completo.
Comezamos novo curso e con el retomamos o noso blogue RELITEGRA💟
Este novo ano escolar comeza con moitas novidades, entre elas : Osretos por celebracións
Seguro que queredes participar? Si verdade? Moi atentos e atentas, deixo unha breve explicación:
Os retos comezan en novembro e rematan en maio
Publicarase retos por celebracións relixiosas
Meditade ben a resposta, consultade na casa coas vosas familias e cando a teñades segura...
Podedes depositala no sobre de retos que teredes na aula de relixión.
Moito ollo 👀 Debedes deixar a vosa resposta no sobre de retos antes do día do mes que o solicite. Ademais da resposta, non esquecedes por o voso nome, apelidos e curso.
Nun listado que teredes na aula de relixión aparecerá o alumnado que participe e os seus acertos.
Todos os que participen e acerten teran unha sorpresa🎁 relacionada coa celebración correspondente.
Preparados e preparadas!!!
Le con atención as seguintes adiviñas de Nadal
Tic Tac, Tic Tac... O tempo empeza a correr. Antes do 23 de novembro no sobre da aula de relixión a resposta debes poñer
Este curso 2020 - 2021 termina con dous proxectos de final de etapa para 4º e 6º de primaria.
O alumnado de 4º co correo escolar.
Momentos de interese, entusiasmo e curiosidade por saber máis de seus amigos do CEIP Mosteiro Bembrive, onde a mestra de relixión itinera e fai de carteira.
Entrega do último sobre con agasallos para o alumnado de relixión dos dous colexios.
Unha maneira de comunicarse en galego, en papel e escrito a man e por suposto ben redactado.
Facendo os sobres co selo personalizado onde a creatividade ten a súa función.
Expresando nos seus escritos os valores de cada un.
A continuación podes ver os videos.
O alumnado de 6º chega ao final da súa etapa e comenza unha nova.
U n camiño por recorrer, Unha mochila por llenar.
Con este proxecto sobre o Camiño de Santiago, foron descubrindo: lendas, orixen do camiño , seu significado, rutas, albergues información, costumes, diferentes etapas ...e como gañar a Compostela.
Por suposto que o seu esforzo e entusiasmo no proxecto tivo o seu premio.
Podes ver a foto da compostela e os seguintes videos
Seguro que estades a esperar con ilusión que chegue o NADAL, para celebrar coa vosa familia, o 25 de decembro , o Nacemento do Neno Xesús.
O tempo de Advento dura 4 semanas, é un tempo para vivir con esperanza, ilusión e mellorar a nosa forma de actuar (propósitos que estades a cumplir e que temos no calendario de advento na aula de Relixión)
Cada domingo acéndese unha candea nas igrexas e tamen na nosa casa.
O tempo de Advento caracterízase pola cor morada, o sacerdote leva a casulla desa cor.
Este calendario que tendes a continuación conten unha imaxen e unha canción famosa de Nadal diferente.
Tendes que abrir os días que levamos de mes:1 ao 10. Cada día descubriremos unha canción nova.