Buscar este blog

jueves, 24 de junio de 2021

Proxectos de 4º e 6º

 

Este curso 2020 - 2021 termina con dous proxectos de final de etapa para 4º e 6º de primaria.

O alumnado de 4º co correo escolar.

Momentos de interese, entusiasmo e curiosidade  por saber máis de seus amigos do CEIP Mosteiro Bembrive, onde a mestra de relixión itinera e fai de carteira.

Entrega do último sobre con agasallos para o alumnado de relixión dos dous colexios.

Unha maneira de comunicarse en galego, en papel e escrito a man e por suposto ben redactado.

 Facendo os sobres co selo personalizado onde a creatividade ten a súa función.

Expresando nos seus escritos os valores de cada un.

A continuación podes ver os videos.







O alumnado de 6º chega ao final da súa etapa e comenza unha nova.

 U n camiño por recorrer, Unha mochila por llenar.

Con este proxecto sobre o Camiño de Santiago, foron descubrindo: lendas, orixen do camiño , seu significado, rutas, albergues  información, costumes, diferentes etapas ...e como gañar a Compostela.

Por suposto que o seu esforzo  e entusiasmo no proxecto tivo o seu premio.

Podes ver a foto da compostela e os seguintes videos


















Moitísima sorte!!!

Boitareivos de menos.


sábado, 6 de febrero de 2021

Códice Calixto e Rutas para facer o Camiño de Santiago

Estas dúas páxinas son para consultar e facer as cuestións que tendes que traballar o alumnado de 6º.

A primeira mostra o necesario para ter un coñecemento do que  representa o Códice Calixto.

 A segunda páxina axuda a ver as rutas máis interesantes do Camiño , os kilómetros e etapas.


Para ver a  información sobre o Códice Calixto preme na imaxe do libro.


Para ver a  información sobre as rutas do Camiño de Santiago preme na imaxe do mapa.



lunes, 7 de diciembre de 2020

Calendario de Advento

 



Seguro que estades a esperar con ilusión que chegue o NADAL, para celebrar coa vosa familia, o 25 de decembro , o Nacemento do Neno Xesús.

O tempo de Advento dura 4 semanas, é un tempo para vivir con esperanza, ilusión e mellorar a nosa forma de actuar (propósitos que estades a cumplir e que temos no calendario de advento  na aula de Relixión) 

Cada domingo acéndese unha candea nas igrexas e tamen na nosa casa.

O tempo de Advento caracterízase pola cor morada, o sacerdote leva a casulla desa cor.

Este calendario que tendes a continuación conten unha imaxen e unha canción famosa de Nadal diferente.

Tendes que abrir os días que levamos de mes:1 ao 10. Cada día descubriremos unha canción nova.



Preme aquí para ver o Calendario

sábado, 7 de noviembre de 2020

Benvidos e benvidas à blogue RELITEGRA

 Este curso temos como novidade a presentación do novo blogue, esperamos que che sexa útil e divertido.

Esta primeira entrada no blogue será cunha canción que representa moito para todos os cristiáns.

Escoita a letra é comprenderás o por que.


Sabías que!

 A Biblia é o primeiro libro que se imprimiu.

A Biblia é o libro máis lido do mundo.

A Biblia é o libro máis traducido a todos os idiomas.