Buscar este blog

viernes, 9 de febrero de 2024

ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS XANEIRO E FEBREIRO 2024



 TALLER DE "ENTRECULTURAS
"

O  día 23 de xaneiro volve a estar connosco, Xosé Luis, periodista que traballa coa ONS "Entreculturas";  nun taller sobre as Migracións e a Paz, para os cursos de 4º, 5ºe 6º organizado polo departamento de Relixión.

Mediante videos levou ó alumnado nunha viaxe a traves de diferentes paises, para comprender mellor as situacions vividas polos nenos e nenas que fuxan das guerras e outras situacións.

Rapazas como MIREILLE DE RUANDA , JOSEFINA DE GUATEMALA...que loitaron por ter un futuro mellor onde a educación e imprescindible para lograrlo; a través de ONG dedicadas a axudarlles.


Abraiadas/os  cun "Experimento Social", imáxenes para comprender que non hai fronteiras o importante é dialogar, coñecerse e poñerse "NOS SEUS ZAPATOS" que quere dicir poñerse no lugar doutro/a. 

Imos ver algunhas fotos deste taller









Grazas Xosé Luis.


SAÍDA Ó CINE SALESIANOS 

O día 6 de febreiro o alumnado de 4º, 5º e 6º van ó cine social Salesianos para ver BRAVE (Indomable)

Pelicula animada que consiguió 6 premios no ano 2012

Merida a indócil, filla do rei Fergus e da raiña Elionor debe afrontar grandes retos para chegar a comprender que é a autentica valentía, a importancia de tomar as propias decisións sen romper o vínculo ca une a súa familia.

NESTA PELICULA DE FICCIÓN PRESÉNTANSE SITUACIÓNS QUE PODERIAMOS VIVIR HOXE E APRENDER DELAS.


 Podedes ver a saída ó cine



sábado, 20 de enero de 2024

ONDA SANTA TEGRA 2024

 Viaxamos ata un pobo chamado BELÉN; o reporteiro Pablo entrevista ós personaxes máis relevantes "Do Noso Belén"

De seguro vos preguntaredes quen é Pablo

Pablo foi o apostolo máis viaxeiro que levou o cristianismo a moitos lugares da terra, a traves de viaxes polo mar e epistolas (cartas) que podedes ler nun libro chamado Biblia.

Escoitade e entenderedes mellor o verdadeiro significado do NADAL.


BOA VIAXE!!! 

 




As voces: 

   Reporteiro Pablo :Diedo Davila

   María: Paula González

   Xosé: Ezequiel Costas

   Rei Melchor: Leila Martínez 

   Pastora: Noa Carmona

   

Como coordinador da gravación destacar o bo traballo de Diego Davila de 6º






sábado, 16 de diciembre de 2023

Pasiño a Pasiño "O Noso Belén"

 Estimadas familias e alumnado:

 Este é o resultado da vosa ilusión, esforzo, traballo ...  e moitas ganas de que chegue o Nadal!!!👪


 💓 O alumnado de primaria pon as mensaxes dentro da casiña que elixen "do Pobo de Belén" e gozan do calendario de Advento cheo de pequenas figuras de  chocolate !!!😋

 

Aproveito para felicitar virtualmente estas Festas.🎄🎄🎄





sábado, 18 de diciembre de 2021

FELICITACIÓN NADAL

 Estimadas familias e alumnado:

  Podedes ver  dous vídeos do Proxecto: "O Noso Belén".

     




Alumnado de 1º cantan a cappella (sen música os instrumentos son a súa voz)



Desde a aula de relixión quero desexarvos
 Felices Festas!
 Envíovos unha postal virtual de Nadal .









domingo, 21 de noviembre de 2021

UN MUNDO NAS TÚAS MANS

 

 ACTIVIDADE COMPLEMENTARIA : POLA EDUCACIÓN

O luns, 15 de novembro o alumnado de 5º e 6º de primaria, na aula da biblioteca, participa nun  taller da ONG Entreculturas.

Obxectivo desta actividade :

Valorar  a vida sen educación faise insostenible.

Moitos nenos e nenas siguen afectados polo peche das aulas debido a brecha tecnolóxica no seu país.

Decatarse que vivimos nun mundo que ten que mellorar.

José Luis Barreiro Areses, periodista e delegado de redes solidarias da mocidade en diferentes provincias  de Galicia e Asturias.

Motiva a noso alumnado dando a coñecer o significado dos ODS 


Os obxectivos de desenvolvemento sustentable foron creados pola ONU para abordar os grandes retos globais. Un total de 193 países apostan polo compromiso dun desenvolvemento que busca responder as necesidades globais actuais concretado nunha axenda de 17 obxectivos que deberían cumprirse para o ano 2030. 

Podedes ver que lugar ocupa unha educación de calidade

DIFERENTES VÍDEOS

Camiño á escola: catro nenos mostran as dificultades que atopan cada día para poder asistir ó colexio.


https://www.youtube.com/watch?v=8OHV5zpVpZ0

TALLER EN GRAN GRUPO : Reflexión da importancia da ensinanza na escola

Anotan nunha folla que aprenderon no colexio: Tiñan que subliñar con diferentes cores, cales aprenderon sós , cales cos amigos. e cales no colexio.

Que crees que pasou? Sí, acertaches!  A maior parte aprendéronas na escola

 

Clica no seguinte video para ver un resumo do taller entreculturas.



Grazas por impulsar xuntos esta corrente de educación transformadora para construir un mundo mellor.

CONTAMOS CONTIGO!


martes, 9 de noviembre de 2021

O NOSO BELEN

 Estimadas familias e alumnado:

De novo con vós para compartir outra nova actividade para o Nadal.

Como ben sabedes, o noso colexio, este curso ten como un dos proxectos de centro "Reciclando no cole"

A través de pequenos xestos para mellorar o futuro do noso planeta é polo que queremos poñer en marcha, na aula de Relixión, " O Noso Belén" feito con materiais de refugallo( Tapóns, envases, tea, la, rolos de papel hixiénico, caixas ...

Polo que precisamos da vosa colaboración xunto cos vosos fillos e fillas, para facer  na casa, unha figura ou elemento que deixarán na aula de relixión, co fin de poder montar o Belén.

Estos son os requisitos:

  • Cada neno ou nena elixe a figura ou elemento que quere facer para non se repetir.
  • Empregarase material de refugallo.
  • Si elixe figura(Neno Xesús, Virxen María, San xosé, pastor, pastora, Reis Magos...) a altura máxima é de 8cm.
  • O elemento (Establo, casas animais...) ten que ir en proporción á  altura da figura.
  • A data de entrega antes do día 30 de novembro.
  • Todos deben participar para que o noso Belén  estea completo.

  Grazas pola vosa colaboración👪!!!


sábado, 6 de noviembre de 2021

RETOS DE RELITEGRA: CURSO 2021-2022

                       BENVIDOS E BENVIDAS

Estimadas familias e alumnado:

Comezamos novo curso e con el retomamos o noso blogue RELITEGRA💟

Este novo ano escolar comeza con moitas novidades, entre elas : Os retos por celebracións

Seguro que queredes participar? Si verdade? Moi atentos e atentas, deixo unha breve explicación:

  • Os retos comezan en novembro e rematan en maio
  • Publicarase  retos por celebracións relixiosas
  • Meditade ben a resposta, consultade na casa coas vosas familias e cando a teñades segura...
  • Podedes depositala no sobre de retos que teredes na aula de relixión.



  • Moito ollo 👀 Debedes deixar a vosa resposta no sobre de retos antes do día do mes que o solicite. Ademais da resposta, non esquecedes por o voso nome, apelidos e curso.
  • Nun listado que teredes na aula de relixión aparecerá o alumnado que participe e os seus acertos.

Todos os que participen e acerten teran unha sorpresa🎁 relacionada coa celebración correspondente.

Preparados e preparadas!!!

Le con atención as seguintes adiviñas de Nadal

Tic Tac, Tic Tac... O tempo empeza a correr. Antes do 23 de novembro no sobre da aula de relixión a resposta debes poñer


 RETO Nº1: NADAL