Queridas familias e alumnos:
Xa está preto o Nadal e as rúas, as tendas, as túas casas están decoradas con elementos de Nadal.
Necesitamos a túa colaboración dun xeito sinxelo.
No corredor do terceiro piso os nenos e nenas de relixión, preparan a decoración.
Tendes que facer unha foto da túa decoracion na casa (Nacemento ou árbore de Nadal ou elemento decorativo sempre relacionado co Nadal).
As pautas a seguir son as seguintes:
- Facer unha foto a familia co elemento.
- Tamaño cuartilla 16 X 22 pode ser en vertical ou horizontal
- Deixarao na clase o teu fillo ou filla; no caso dos irmáns, será o irmán maior quen se encargue de levar a foto.
- Podes facer un marco de 3 cm máximo, SEN BASE, decorándoo con motivos do Nadal. (é opcional).
- A data de entrega dende o 2 de decembro ata o 10 de decembro
Disfrutade destes momentos marabillosos con vosas fillas/os. FELIZ ADVENTO!!🙏